top of page

Xunta e Concello de Lalín avalían emprazamentos e empresas interesadas en crear unha zona de aceleración de solo industrial no municipio

Dáse un paso máis para identificar cales son as empresas interesadas en crear unha Zona de Aceleración de Proxectos Empresariais e Solo (Zapes) para definir a súa ubicación


Ecos da Comarca/Lalín

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reuniuse onte co alcalde de Lalín, José Crespo, para avaliar posibles emprazamentos para a creación dunha Zona de Aceleración de Proxectos Empresariais e Solo (Zapes) neste municipio. O obxectivo desta reunión é dar un paso máis para identificar cales son as empresas que poden estar interesadas en crear unha Zapes para, a continuación, xa poder definir a ubicación.

Neste marco, Lorenzana explicou que as Zapes “son pequenos polígonos con proxectos empresariais firmes” onde se tramita en paralelo o desenvolvemento do solo do propio proxecto “co que pasariamos dos dez anos de media que agora supón facer unha gran área empresarial a apenas un ano e medio”, dixo.


Ademais, sinalou que a finalidade desta figura de aceleración é que “os empresarios que teñen proxectos e que queren crecer non teñan trabas por parte das Administracións, senón todo o contrario”, subliñou.


Publicidade  

Así, a conselleira destacou que “queremos traballar coas empresas para intentar facer aquí, neste concello, unha Zapes pensada, como dicía antes, para aqueles concellos que teñen máis tecido industrial e máis demanda empresarial". Finalmente, puxo en valor que o obxectivo desta medida é promover a aceleración industrial e o desenvolvemento rápido do solo para atraer o asentamento de novas empresas e investimentos a Galicia.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Esta reunión dá continuidade á mantida entre o presidente da Xunta e o alcalde de Lalín o pasado 2 de novembro e que serviu para impulsar a cuarta fase do polígono industrial e materializar a ampliación do parque empresarial de Lalín. A superficie bruta é de 316.960 m² cunha superficie de uso industrial de 139.426 m²; e a previsión é que a licitación para as obras arranque a mediados do vindeiro ano 2025. “Para toda a comarca, Lalín é un centro industrial importante con moito desenvolvemento económico”, explicou.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page