top of page

Xubilación de Manuel López Viéitez, xefe de Policía de Silleda

Laura Moure/Silleda

O axente Manuel López Viéitez xubilouse o pasado martes despois de 27 anos de servizo no Concello de Silleda. Natural da parroquia de Vilar, López Viéitez ocupaba dende decembro de 2023 a xefatura da Policía Local de Silleda, trala xubilación de José Manuel García.

ree

Na xornada de onte López entregou a súa arma á alcaldesa, Paula Fernández, quen lle agradeceu todos estes anos de servizo e compromiso público. O axente xa traballara como voluntario de Protección Civil durante dez anos antes de ingresar no corpo policial.


A alcaldesa destacou non só a súa traxectoria profesional, senón tamén a súa

calidade humana. “Manuel sempre foi unha persoa próxima, disposta a axudar con ou sen

uniforme, un veciño implicado co seu concello e coa súa xente. Deixa unha fonda pegada tanto entre os seus compañeiros como na veciñanza, pola súa entrega, responsabilidade e trato cordial”.


Publicidade

ree

Paula Fenández engade que “o Concello de Silleda só pode estar agradecido polo seu compromiso exemplar e por estes anos de servizo público, que sempre exerceu con dedicación e agarimo. Desexámoslle o mellor nesta nova etapa da súa vida”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page