top of page
Foto del escritorLaura Moure

Xubílase o Garda Civil do posto de Arca Juan José Sanda Lamas

Estivo no Pino nos últimos 36 anos


Laura Moure/O Pino

Este martes compañeiros de profesión despediron a Juan José Sanda Lamas, quen con 65 anos e 42 de servizo na Garda Civil, "deixa unha pegada imborrable na nosa institución", sinala a Garda Civil.

Fonte: Garda Civil.

Tal e como informa a Benemérita, Juan Sanda ingresou en 1982, comezando o seu camiño na Móbil de Logroño, pasando por Vega de Valcárcel e finalmente establecéndose no Posto de Arca (O Pino) onde serviu con dedicación durante 36 anos.


(Poden ver o vídeo da despedida no Facebook da Garda Civil no seguinte enlace: https://www.facebook.com/guardiacivilacoruna/videos/479411591224597)


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

"Gran coñecedor do Camiño de Santiago, Juan agora dedicarase a coidar dos seus, levando sempre consigo o espíritu Benemérito", sinala a Garda Civil.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

"Nesta emotiva despedida, o seu fillo Juan, tamén Sarxento da Garda Civil, estivo ao seu lado, demostrando que a vocación e o compromiso lévanse no sangue. Gracias, Juan, polo teu incansable servizo e entrega", recalca a Garda Civil.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page