O escritor, que naceu en Melide, recibiu unha emotiva homenaxe en Agolada, municipio no que se criou
Laura Moure/Agolada
Agolada acolleu este sábado un acto moi emotivo. O escritor Xosé Vázquez Pintor recibiu por parte do pobo agoladés unha máis que merecida homenaxe. Dende ese día, xa ten unha rúa co seu nome e outra placa marcará de por vida a casa na que viva nesta localidade.
O autor de obras como O espertar tamén é noso, Os vellos oficios ou A Tribo Sabe é natural de Melide pero criouse en Agolada, onde é unha persoa moi querida e por iso, os seus veciños quixeron rendirlle este tributo. Durante o acto interviron Ángel Utrera, un dos veciños impulsor da iniciativa, Raquel Vidal, en representación das 150 firmas a través das cales demandan que Xosé Vázquez Pintor sexa nomeado Fillo Predilecto deste concello así como que teña unha rúa co seu nome, algo que se fixo realidade o pasado sábado; o alcalde, Luis Calvo, e a esposa de Pintor, María.
Publicidade
Deste xeito, dende ese día a Rúa Iryda cambia de nome e pasa a ser a Rúa de Xosé Vázquez Pintor. Tamén xunto a súa casa de Agolada loce outra placa na que se pode ler "Aquí onde reside a súa palabra".
A xornada festiva estivo amenizada pola música de Bico da Balouta e a charanga Os Pendellos.
Comentários