top of page

Xornadas de portas abertas en Cogami en Silleda para conmemorar a Semana Europea da Artesanía

Os interesados en coñecer como se desenvolven os obradoiros de téxtil e traballo con fibras vexetais, poden contactar co centro para reservar praza de asistencia que será totalmente gratuíta


Laura Moure/Silleda

Un ano máis, o centro de atención diúrna para persoas con discapacidade que ten Cogami en Medelo, no concello de Silleda, participa na Semana Europea da Artesanía coa realización de varias xornadas de portas abertas do centro.

Unha usuario do centro de Cogami en Medelo.

Durante os días 2, 3 e 4 de abril, en horario de 10 a 14 horas, aquelas persoas interesadas en coñecer como se desenvolven os obradoiros de téxtil e traballo con fibras vexetais, poden contactar co centro chamando ao 986 581 387 para reservar praza de asistencia que será totalmente gratuíta.

Publicidade

Dende a dirección do centro teñen organizada unha demostración en directo sobre a elaboración de pezas, que técnicas utilizan durante este proceso, que materiais e todo será en constante contacto directo coas persoas usuarias do centro.


A finalidade desta participación nunha nova edición da Semana Europea da Artesanía é que supón unha oportunidade para dar a coñecer os obradoiros que se realizan no centro que Cogami ten en Medelo, ao mesmo tempo que se poñen en valor os produtos artesanais e se visibilizan as capacidades que teñen as persoas con discapacidade.



0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page