Xoel López actuará na Festa do Queixo de Arzúa
- ecosdacomarca
- 10 feb
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Arzúa
A programación musical da Festa do Queixo 2025 segue tomando forma e hoxe confírmase a incorporación de dous grandes nomes ao cartel: Xoel López e a banda feminina Cariño. Ambos os artistas actuarán o sábado 15 de marzo, engadindo a súa enerxía e talento a unha edición que promete ser inesquecible.

Xoel López, un dos máis recoñecidos cantautores do panorama musical estatal, traerá ao escenario da Festa do Queixo o seu característico son, cheo de influencias pop, rock e
folclore latinoamericano. Pola súa banda, Cariño, o trío madrileño que revolucionou o pop
con letras frescas e pegadizas, fará vibrar ao público cun directo cheo de enerxía e actitude.
Publicidade
Estas confirmacións engádense a unha programación que este ano aposta por unha combinación de talento consolidado e novas propostas musicais, tal e como sinala a organización. Ademais, adianta que este non será o último anuncio, xa que nos próximos días se desvelarán máis nomes que completarán o cartel da Festa do Queixo 2025.
A Festa do Queixo, que cada ano converte a vila nun punto de referencia para amantes do queixo e da música, celebrarase do 14 ao 16 de marzo, cun programa que incluirá, ademais dos concertos, actividades gastronómicas, feiras e obradoiros).
Comments