Laura Moure/Monterroso
O Concello de Monterroso informa que Xestur oferta varias parcelas no polígono industrial deste municipio e ademais, con bonificacións.
"Ante a carencia de solo industrial na zona sudeste da provinicia de Lugo, se ben é desexable unha rede de Parque Empresariais nos muncicipos desta zona, é lóxico comezar o desenvolvemento de aquel parque que presente unha mellor viabilidade, e que supere os problemas locais para dar unha resposta ao sector industrial da zona.
A opción máis axeitada foi a do municipio de Monterroso, pola súa situación central respeto ós demáis, por ter un convenio asinado co IGVS de data 16 de xuño do 2000 para desenvolvemento dun parque empresarial, e por ter delimitados os terreos para o asentamento dun parque colindante coa estrada nacional 640, nunha zona de clara tendencia industrial, xa con presenza de naves industriais, e proximidade ó mercado gandeiro e ó punto limpo do municipio", indica Xestur.
As persoas interesadas poden consultar as parcelas no seguinte enlace:
"Neste enlace pódese consultar pulsando en cada parcela as dispoñibles (verdes), a información de cada unha delas así como o seu precio bonificado", explica o Concello. "En Monterroso, sen ir máis lonxe é tamén unha moi boa opción para emprender e industrializar negocios", engade.
O polígono de Monterroso.
Autor:Xestur
Yorumlar