Xandra García e Xulia Dacal levarán a cabo este sábado en Rodeiro un encontro cidadá
- Laura Moure

- 31 mar 2023
- 1 Min. de lectura
Abordarán temas comos os ervizos sociais, os coidados, a atención e o acompañamento que son algo que afecta dende os 0 anos ata o final das nosas vidas
Laura Moure/Rodeiro

A Casa da Cultura de Rodeiro acollerá este sábado, ás 16:30 horas, un encontro cidadá liderado por Xandra García e Xulia Dacal. "A idea era celebralo a principios de ano mais as circunstancias impedírono", sinalan.
"As dúas consideramos que os servizos sociais, os coidados, a atención e o acompañamento debe ser algo do que todas nos preocupemos xa que isto abrangue dende os 0 anos ata o final das nosas vidas", indican. "Todas as reflexións sobre estes servizos se fan lonxe do medio rural e as que aquí vivimos consideramos que debemos ser nós as que xeremos os nosos propios debates sobre que necesidades temos ou podemos ter nun futuro para o desenrolo óptimo e digno das nosas vidas".
Este evento conta con dúas mesas. Por un lado, unha técnica con especialistas en diferentes ámbitos onde procuraraán falar sobre como dignificar a vida das persoas cunha óptica rural. "Por outro lado, unha mesa de veciños e veciñas de Rodeiro onde estableceremos un coloquio sobre a experiencia vital de cada un e as expectativas de mellora dos servizos en Rodeiro".
O programa completo no enlace:









Sen cartos e difícil pero se ainda poriba non se pagan as licencias de obra mais difícil.Notase que en riobo hai moito politico