top of page

Xan Veiga achegará o 12 de setembro a retranca e grandes doses de humor a Ribadiso, en Arzúa

Ecos da Comarca/Arzúa

Os Seráns en Ribadiso, en Arzúa, chegan esta semana cunha nova cita que terá o humor como eixe principal. O venres 12 de setembro, ás 20:00 horas, o arzuán Xan Veiga será o protagonista co seu espectáculo “Sonchistorias”. A proposta ofrece unha viaxe marcada por desventuras absurdas, malentendidos cómicos e situacións inesperadas.

Dirixida a público adulto, esta actuación dos Seráns en Ribadiso ofrece un lecer alternativo, no que se combinan a tradición oral e a creatividade propia para garantir unha tarde de risas compartidas.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O Concello de Arzúa convida á cidadanía a achegarse a Ribadiso para gozar dun novo Serán, un ciclo que semana tras semana ofrece propostas diversas e de gran calidade, e que nesta ocasión terá á retranca de Xan Veiga como protagonista.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page