top of page

Xabier Gómez, Manuel Escariz e Norberto López, novos cabaleiros distinguidos na feira da Ulloa

A XXIX edición da Feira do Cabalo Comarca da Ulla, que será o día 7, repartirá 2.415 euros en premios distribuídos en sete categorías


Laura Moure/Palas de Rei

Vilar de Donas, en Palas de Rei, acolle este domingo, 7 de agosto, o centro da competición do Cabalo na comarca da Ulloa. A XXIX edición da Feira do Cabalo Comarca da Ulla, reparte 2.415 euros en premios distribuídos en sete categorías de competición durante toda a xornada, tamén fará un espazo na súa programación para as distincións oficiais, feitas pola Asociación A Capela de Vilar de Donas, trátase de tres novos cabaleiros distinguidos, con motivo deste evento, como son:


  • Xabier Gómez (de Arzúa) que será nomeado como: Cabaleiro da Orde do Priorato de Vilar de Donas e embaixador no mundo de Vilar de Donas, así como socio honorífico da Asociación A Capela.

  • Manuel Escariz Vázquez; como: Ilustre Veciño e embaixador no mundo de Vilar de Donas, así como, Cabaleiro da Orde do Priorato de Vilar de Donas.

  • Norberto López Rodríguez, como: Cabaleiro de Maior Idade e mellor xinete da Comarca da Ulloa.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Ditos nomeados, incorporanse aos xa feitos noutras edicións desta Feira Comarca da Ulloa, como son: Fernando Pensado, médico e exalcalde de Palas de Rei, pola súa implicación coa Feira Comarca da Ulloa e Xosé Luis Novo Cazón, escritor e divulgador sobre a historia de Vilar de Donas que xa foron recoñecidos como Cabaleiros da Orde do Priorato de Vilar de Donas.


O PROGRAMA DESTA CITA NO ENLACE:

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page