top of page

Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre actuarán este sábado en Rodeiro a través do Musigal da Deputación

Laura Moure/Rodeiro

O programa Musigal, posto en marcha pola Deputación de Pontevedra para difundir e promover a música galega e en galego nos concellos da provincia, pecha este sábado 21 de outubro a súa edición deste 2023 co concerto en Rodeiro de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre. A actuación, que tivera que pospoñerse polo mal tempo prevista para hai semanas, comezará a partir das 21:30 horas na avenida Gumersindo Areán do concello.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

En Rodeiro, Xabier Díaz presentará, en compañía das Adufeiras de Salitre, o seu terceiro álbum conxunto, As catedrais silenciadas, que culmina un proceso que comezou en 2015 no que o elemento diferencial é o conxunto de mulleres vocalistas e percusionistas. Trátase dun álbum que actualiza diferentes tipos de formas musicais, coma pasodobres, xotas, alalás, ribeiranas ou muiñeiras, e foi galardoado co Premio Martín Codax na categoría de música tradicional en 2020. Ademais, figurou tres meses consecutivos entre os dez álbums máis destacados do World Music Charts Europe e tivo entrada na sección dos mellores do mundo na prestixiosa revista Songlines, na que as e os editores escollen os 10 mellores discos de cada mes en todo o mundo.


Cunha traxectoria de case 40 anos na música, Xabier Díaz (A Coruña, 1969) tamén atesoura unha intensa actividade docente en asociacións e certames. Formou parte de Berrogüetto entre 2008 e 2014 e, paralelamente, participou xunto a Guadi Galego, Xosé Lois Romero e Guillerme Fernández no proxecto aCadaCantos.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

As composicións de Xabier Díaz, en moitos casos, parten do traballo de investigación, no que escoita as cancións das mulleres no rural e lles dá o seu estilo. Recibiu numerosos premios polo seu traballo, coma o da Música Independente ao mellor álbum en galego en 2016, e actuou en numerosos países de Europa, África e América.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page