A inscrición de novos negocios continúa aberta ata o vindeiro martes 20
Laura Moure/Melide

O Concello de Melide vén de facer público o cartel da edición de 2024 do Mercamelide de Inverno, o gran evento de promoción do comercio local nestas datas. Este evento volve ofrecer un espazo de compra durante a fin de semana do 24 e 25 de febreiro no Pazo de Congresos, onde as e os veciños e visitantes poderán adquirir produtos de primeira calidade, do comercio de proximidade e sempre a prezos competitivos. Entre os bens ofertados atópanse produtos de fogar, roupa, tecnoloxía ou electrodomésticos.
Publicidade
A data do 16 de febreiro hai xa 15 establecementos adheridos ao evento, que contarán
con postos de venda no Mercamelide. A inscrición de novos establecementos continúa
aberta ata o vindeiro martes 20. Os establecementos que queiran anotarse ata esta data
poden facelo no Departamento de Comercio do Concello de Melide.
Durante todas as edicións pasadas, o Mercamelide rexistrou un gran número de visitantes
e un alto volume de vendas. No Mercamelide ofrécense, aplicando importantes
descontos, produtos diversos de mobiliario, menaxe, produtos do fogar, seguros,
decoración, calzado, lencería, mercería, produtos deportivos, produtos de beleza, novas
tecnoloxías, electrodomésticos, complementos ou perfumería.
Publicidade
O concelleiro de Comercio do Concello de Melide, Xosé Igrexas, adiantou que “o
crecemento en establecementos participantes demostra a consolidación dun evento
fundamental para o comercio local nos primeiros meses do ano en Melide”. Tamén puxo
en valor o bo recibimento cidadán que rexistra cada ano o Mercamelide, augurando un
novo incremento de asistentes nesta edición de 2024.
Commentaires