top of page

Xa se pode solicitar de novo os permisos para realizar queimas de restos agrícolas e forestais

Ecos da Comarca/Xeral

A Consellería do Medio Rural permitirá desde este momento tramitar permisos para facer queimas de acordo coa normativa de aplicación, debido a que as condicións meteorolóxicas así o permiten. Isto significa que o día 22, venres, será o primeiro día para realizar queimas previamente comunicadas.

Polo tanto, dende este momento poderanse realizar as comunicacións e solicitudes de

autorización de queimas a través da web do Medio Rural de acordo co establecido no

artigo 34 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios

forestais de Galicia. Ademais, en días laborables, tamén estará a disposición dos cidadáns

o teléfono 012 para comunicar as queimas.

Así, os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas amoreados nas zonas que determina a devandita lei nos períodos habilitados deberán comunicalo dous días antes. No caso de queimas de restos forestais amoreados, deberase solicitar unha autorización debido ao risco da actuación, sendo maior o proceso de tramitación. En todo caso,

lembramos que as autorizacións e comunicacións deixan de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page