top of page

Xa non estarás obrigado a levar o teu parte de baixa a túa empresa

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O último Consello de Ministros aprobou a pasada semana un Real Decreto no que será a firma quen teña que obtelo de maneira telemática a través da Administración


Laura Moure/Xeral

Se eres asalariado e colles unha baixa por enfermidade xa non terás a obrigación de levar o parte médico ao teu xefe, algo que nalgunhas ocasións non sempre é agradable. A razón é que o último Consello de Ministros aprobou a pasada semana un Real Decreto que introduciu modificacións na xestión e control dos procesos por incapacidade temporal (IT) nos primeiros 365 días da súa duración.

Falamos de que o Goberno eliminou a obrigación dos traballadores por conta propia de ser eles quen deba trasladar ás súas empresas os partes de baixa médica, pois será a compañía quen teña que obter a información da Administración. Así, segundo o texto dos responsables da Seguridade Social “só entregarase unha copia (do parte da baixa) á persoa traballadora; e elimínase tanto a segunda copia, como a obrigación de que sexa a propia persoa traballadora quen que entregue esta copia na empresa, entidade xestora ou mutua”.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Desta maneira, desaparecerá esa segunda copia dos partes de baixa e alta médicas que o empregado estaba obrigado a facer chegar ao seu xefe. A norma estipulará que “a comunicación entre as entidades emisoras e o INSS será telemática, evitando trámites que poden resultar gravosos para persoas que están en situación de incapacidade temporal e aproveitando as posibilidades de mellorar a eficacia e a eficiencia que brindan os avances en dixitalización e tecnoloxías da información”.

 
 

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page