top of page

Xa hai preto dun cento de solicitudes presentas en Arzúa para adquisición de material escolar

O prazo para pedilas remata hoxe, venres 22


Laura Moure/Arzúa

O goberno municipal arzuán destaca o importante número de solicitudes rexistrado (preto dun cento) na convocatoria de axudas para adquisición de material escolar impulsada polo propio Concello, cando aínda segue aberto o prazo de solicitudes. Lembran que o prazo para acollerse a esta axuda aínda remata hoxe, venres 22 de setembro, e animan ás veciñas e veciños a informarse e facer uso desta convocatoria.

ree

Trátase dunhas axudas para as que o goberno municipal arzuán ten reservados en torno aos 20.000 euros para garantir que se poida cubrir toda a demanda. A contía da axuda ascende a 120 euros por cada alumna ou alumno para a adquisición de todo tipo de material escolar (desde libros de lectura, até libretas, pasando por folios, mochilas, carpetas, etc) e tamén material deportivo (chándal, tenis, calcetíns...), así como roupa de abrigo e calzado.


Publicidade

ree
Preme na imaxe para obter máis información!

Desde o Concello de Arzúa resaltan o compromiso social do goberno municipal e a importancia dunha convocatoria coma esta, máxime nun contexto de elevada suba de prezos como o actual. “Trátase dunha liña de axudas para favorecer ás familias do municipio que polas súas condicións económicas presenten maiores dificultades para afrontar os gastos derivados do comezo do curso escolar”, explicou o edil de Servizos Sociais, José Luís García. “Desde o goberno municipal tratamos de axudar a facer fronte aos gastos derivados dos estudos nos niveis de educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria co obxectivo de facer efectivo o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación,” concluíu García.


Publicidade

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Para obter máis información desta convocatoria a veciñanza pode acceder á web do concello www.arzua.gal e, tamén, pórse en contacto co Concello no teléfono 981 500 000, extensión 140 ou 142, onde o persoal de Servizos Sociais estará á súa disposición para resolver calquera dúbida.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page