top of page

Xa hai 43 inscritos no I Slalom Centro Xeográfico de Galicia que será en Antas

Disputarase o sábado 15 de xuño


Laura Moure/Antas de Ulla

O Concello de Antas de Ulla acolleu a presentación do ‘I Slalom Centro Xeográfico de Galicia’, unha proba automobilística urbana que se celebrará nesta localidade este sábado, 15 de xuño, organizada polo concello e Lucus Rally. “Unha proba urbana e espectacular da que disfrutarán veciños e visitantes”, afirma a alcaldesa, Pilar García Porto.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Participaron na presentación a mandataria e outros concelleiros da Corporación; Antonio Rodríguez Troitiño, presidente da Federación Galega de Automobilismo, e membros da Escudería Lucus Rally. “O primeiro dos eventos deportivos que temos este mes de xuño, unha proba urbana e espectacular da que disfrutarán veciños e visitantes”, explica a rexedora.


Diego Gómez, de Lucus Rally, subliña que é “unha proba de habilidade urbana, con control de tempos, pero é máis de habilidade”. Hai xa 43 pilotos inscritos, entre eles grandes especialistas das probas de slalom como Rubén Gandoy e Manuel Trevín.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Están previstas dúas mangas en horario de mañá e outras dúas pola tarde, antes de entrega de premios que porá fin ao slalom.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page