A conselleira de Política Social, Fabiola García, sinala que os veciños deste concello gañarán en calidade de vida coa estas aperturas
Laura Moure/O Pino
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, coñeceu as instalacións das dúas novas casas do maior que acaban de abrir as súas portas no concello do Pino. Durante a visita, na que estivo acompañada do alcalde, Manuel Taboada, sinalou que os veciños deste municipio gañarán calidade de vida coa apertura destes recursos.

A conselleira puido visitar a casa do maior do Marquiño, situada na parroquia de Lardeiros, e a de Boavista, en Ferreiros. Ambas constitúen os primeiros recursos gratuítos de atención a maiores deste concello. Así, Fabiola García destacou que os dous complexos se sitúan en antigas escolas unitarias que foron rehabilitadas e reformadas para atender ata unha decena de usuarios.
Neste encontro, trasladoulle aos veciños que participaron na xornada de portas abertas que estes servizos están destinados a ofrecer unha atención de calidade aos maiores dos concellos máis despoboados e nos que non hai outro tipo de recursos. Neste sentido, Fabiola García fixo fincapé na importancia de fomentar un envellecemento activo e previr a soidade non desexada.
Publicidade
En Galicia hai máis de 140 casas do maior en funcionamento que supoñen un piar fundamental para fomentar o benestar dos maiores. Ademais, a conselleira destacou a súa importancia para impulsar a conciliación familiar nos territorios máis rurais de Galicia e trasladou o compromiso da Xunta para seguir impulsando iniciativas para o benestar dos maiores.
NOTICIA RELACIONADA:
O Pino terá dúas casas do maior nas unitarias de Ferreiros e de Lardeiros para atender 10 persoas: https://www.ecosdacomarca.com/post/o-pino-ter%C3%A1-d%C3%BAas-casas-do-maior-nas-unitarias-de-ferreiros-e-de-lardeiros-para-atender-10-persoas
Comments