IsmaelRS/Deza
O XXV Raly do Cocido xa está en marcha na comarca de Deza, terá lugar entre hoxe 15 e mañá 16 de outubro, pasará por varios dos concellos que integran esta comarca central de Galicia.
Hoxe pola mañá a Garda Civil supervisaba o cumprimento da normativa para o normal desenvolvemento do evento e para iso, o GIAT do subsector de Tráfico de Pontevedra examinaba a documentación dos condutores e dos vehículos que estaban estacionados no parque do centro comercial As Pontiñas.
Esperemos que sexa unha proba moi emocionante e da que todos teñamos grandes recordos, para iso é necesario lembrar a necesidade de cumprir todas as normas establecidas pola propia organización e tamén polas forzas da orde.
Mañá durante o día Ecos da Comarca, tamén pasaremos por un destes tramos e deixarémosvos un breve vídeo do que alí vivimos.
No seguinte enlace podedes consultar o itinerario e o horario:
E se queres informarte de todo do Rali do Cocido podes acceder a través do seguinte enlace á súa web:
Comentários