Atende aos concellos de Melide, Toques, Arzúa, Santiso e Vilasantar
Laura Moure/Melide
O Multiusos de Melide é a nova sede do Servizo de Atención Temperá dos Concellos de Melide, Toques, Arzúa, Santiso e Vilasantar a partir da semana que vén. Desde este luns, o servizo comezou a prestarse nesta nova localización en horario de mañá (9h-14h) e tarde (16h-18h). O cambio de sede acordouse de forma unánime entre os distintos concellos.

O Servizo de Atención Temperá engloba un conxunto de intervencións orientadas á poboación infantil, á súa familia e a súa contorna, que procura atender as necesidades
que xorden por trastornos de desenvolvemento ou por risco de padecelos. Búscase en
todo momento o desenvolvemento da autonomía e a consecución da inclusión social,
atendendo ás necesidades transitorias e permanentes das nenas e nenos.
O servizo impartido en Melide seguirá contando con tres profesionais, pertencentes aos ámbitos da psicoloxía, logopedia e terapia ocupacional. Actualmente, son 58 as nenas e nenos atendidos, dos cales 37 son residentes no concello de Melide, 17 no de Arzúa, 1 en
Toques e 3 en Santiso.
Publicidade
A concelleira de Política Social de Melide, Carmen Liñeira, valorou positivamente o traslado á nova localización e considera que este cambio repercutirá para ben nas
familias de persoas usuarias do servizo. Do mesmo modo, a edil amosou a súa
satisfacción pola continuidade dun servizo que responde a unha “aposta firme” dos Concellos implicados e dá resposta a unha necesidade detectada no seu momento na
contorna.
Comentarios