Xa está aberto o prazo de inscrición para participar en Silleda Concilia
- Laura Moure

- 4 ago 2025
- 1 Min. de lectura
Dirixido a alumnado de Educación Infantil e Primaria (de 3 a 12 anos) empadroado no municipio, o programa permite a apertura dos centros escolares fóra do horario lectivo
Laura Moure/Silleda
Xa está aberto o prazo de inscrición para participar en Silleda oncilia, o programa municipal de conciliación familiar durante o curso escolar 2025-2026, impulsado pola Concellería de Educación que coordina Ángela Troitiño. Dirixido a alumnado de Educación Infantil e Primaria (de 3 a 12 anos) empadroado no municipio, o programa permite a apertura dos centros escolares fóra do horario lectivo, ofrecendo actividades e atención educativa.

As inscricións poden realizarse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 9:00 a 14:00
horas, ou a través da sede electrónica municipal. O programa funcionará de luns a venres de 15:00 a 21:00 horas. Ademais, os días non lectivos (agás festivos) estará dispoñible de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
Publicidade
Os formularios de inscrición están dispoñibles tanto no Rexistro como na páxina web do
Concello, a continuación desta publicación. A selección das persoas participantes realizarase segundo o regulamento vixente do programa. Lémbrase que esta inscrición refírese unicamente ao curso escolar e non inclúe os campamentos de Nadal e Verán, que se ofertarán noutras datas a través do mesmo programa.
Publicidade
Silleda Concilia forma parte do Plan Corresponsables da Xunta de Galicia, que promove a
igualdade e facilita a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das familias galegas.








Comentarios