top of page

Xa á venda as entradas do concerto de Loita Amada, con Jasper e Nébeda, no Café Casino de Lalín

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Compartirán co público cantos á liberdade, á esperanza e á resistencia


Laura Moure/Lalín

Loita Amada estará este venres 17 de marzo ás 21:00 no Café Casino de Lalín, onde Jasper e Nébeda ofrecerán un concerto no epicentro do país, dentro da xira “Amarás a loita sobre todas as cousas”, para compartir co público de Deza cantos á liberdade, á esperanza e á resistencia.

Loita Amada é a nova poesía galega. Mistura a forza e o carácter combativo de Jasper coa sensibilidade e bo facer de Nébeda nunha explosión sonora que se pode coñecer no seu novo disco Viva a loita amada revolucionaria.


“Cancións que falan en primeira persoa de derrotar os demos propios, do amor aos devanceiros, aos nosos descendentes e, como non, son unha chamada á rebeldía, á dignidade; cantos á liberdade, á esperanza e á resistencia”, explica Jasper, excantante de Nao. Xunto ao labor compositivo de Jasper, a pandeireteira Nébeda Piñeiro rompe o rexistro tradicional para dotar de sentimento un produto orixinal que emana unha gran forza para xogaren coa liberdade compositiva e coa diversidade de estilos musicais.

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

Neste concerto no Café Casino de Lalín, Jasper e Nébeda contan coa colaboración de seis grandes músicos, tres homes e tres mulleres, que forman a banda que os acompaña na xira que se están a organizar para este 2023. A banda está composta por Iván Barreiro (guitarra), Iria Iglesias (teclado), Kinhos Saburido (percusión), Iván Bernárdez (baixo), María Prado (trompeta) e Xiana Naval (trombón).

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Todo isto dentro dun espectáculo que ofrecerá o traballo íntegro de Loita Amada, mais tamén homenaxes a grupos como Nao, Fuxan os Ventos, Suso Vaamonde ou Banda Bassotti, entre outros. A festa está asegurada. As entradas anticipadas están á venda no propio Café Casino de Lalín.

Opmerkingen


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page