top of page

Volven os encontros culturais nas parroquias de Arzúa cunha sesión en Rendal este venres

Neste caso contarase cunha sesión de narración oral a cargo de Avelino González


Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa continúa levando a cabo os actos da programación Primavera de Cultura que está a ofrecer propostas de cine, música, literatura e actividades nas parroquias dirixidas a públicos de todas as idades. Nesta edición as propostas culturais achegaranse de novo ás parroquias cun programa titulado As parroquias contan que ofrece unha sesión de contos e, ao remate, unha chocolatada popular á que estarán convidadas todas as persoas asistentes.

Despois de levar a cabo este programa nas parroquias de Dombodán e Vilantime a comezos de ano, continúa este venres, 22 de maio, no local social de Rendal ás 20:30 h. Neste caso contarase cunha sesión de narración oral a cargo de Avelino González e o seu espectáculo Chistes que foron contos que recolle historias da propia parroquia, do concello e da bisbarra. A entrada será libre e de balde.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Avelino González é actor, contador e monologuista, tradutor. En televisión ten actuado en series como Serramoura, Pazo de Familia ou Padre Casares para a TVG e na TVE1 en Hospital central, Cuéntame ou Seis hermanas. Ademais de diferentes traballos para cine ou series web. En teatro actúa, dirixe e traduce, tendo varios premios por obras como Bicos con Lingua ou Comedia.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O concelleiro de Cultura, José Luís García, anima “ás veciñas e veciños de Rendal a participar neste encontro arredor da cultura para gozar dun tempo de entretemento e convivencia”.



 
 
 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page