top of page

Volve a vindeira semana o programa Silleda Camiña, que continuará ata xuño

As rutas serán os luns e mércores pola tarde e os interesados xa poden anotarse


Laura Moure/Silleda

O programa Silleda Camiña, con andainas biosaudables, abertas a todas as persoas interesadas, retómase a vindeira semana con rutas guiadas dende o pavillón municipal César G. Fares, que se celebrarán dous días a semana: o luns e mércores pola tarde (ás 17:00 horas.).

Todas as persoas que estén interesadas en participar poden recibir máis información no Concello de Silleda (departamento de Deportes) ou remitir un mail cos seus datos a info@silleda.gal

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Este programa, que se puxo xa en marcha en 2021 dende os departamentos de Deportes e Turismo para fomentar hábitos saudables, os desprazamentos a pé e tamén o coñecemento de espazos turísticos, volta para seguir mellorando a saúde da cidadanía. Neste marco, e de xeito transversal, o programa compleméntase con Silleda MoveMente, con actividades tamén saudables que se celebran a partir das 19:00 horas nas mesmas xornadas de luns e mércores, vinculadas ao plan de Saúde Mental.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Dende o Concello de Silleda que tamén participa no programa autonómico Adestra a túa saúde, anímase á veciñanza a participar nestas actividades, dirixidas a público de todas as idades.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page