top of page
Foto del escritorLaura Moure

Volve a Silleda unha nova edición de Galegas Dixitais

Este curso formativo, de balde, impartirase na Casa da Xuventude dende o 4 de setembro ata o 13 de outubro


Laura Moure/Silleda

O programa Galegas Dixitais chega a Silleda a partir do vindeiro día 4 de setembro. Trátase dun programa de formación para a dixitalización de mulleres e divídese en tres módulos, de 40 horas cada un. Así abordaranse cuestións como as competencias dixitais básicas, con coñecementos para o día a día; outras avanzadas, enfocadas ao traballo; e tamén competencias dixitais para o emprendemento e negocios.

O curso terá lugar na Casa da Xuventude, en horario de 9:00 a 14:00 horas, dende o 4 de setembro ata o 13 de outubro. As mulleres interesadas poden inscribirse a partir do luns 14 no Centro de Información á Muller (CIM), chamando ao 986 592 037, enviando un correo a

cim@silleda.es ou contactando ao 604 039 575. As asistentes a esta formación recibirán un ordenador portátil de regalo, ademais dun título oficial acreditativo.


Publicidade

Dende a Concellería de Igualdade, que dirixe Ánxela Troitiño, anímase ás veciñas de Silleda a sumarse ao programa mulleres dixitais, con financiación da Xunta de Galicia, a través dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Estado.


Publicidade

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page