top of page

Volve a Lalín unha nova edición dos talleres de musicoterapia para maiores de 60 anos

Aínda hai prazas libres e estes retomaranse o 5 de setembro


Laura Moure/Lalín

A concelleira de Política Social de Lalín, Paz Pérez, informa que “o vindeiro 5 de setembro retomaranse os talleres de musicoterapia. Esta actividade realizouse o curso pasado por primeira vez, e dado o éxito acadado, reeditase esta tempada. Como a acollida foi tan favorable, moitas das prazas son dos asistentes que continúan, pero aínda quedan prazas libres. A inscrición pódese facer no Concello, a través de Servicios Sociais”.

Sobre o desenvolvemento dos obradoiros, a edil explica “teñen lugar no Lalín Arena os luns e mércores, en tres quendas: ás 15:30, ás 16:30 e ás 17:30, cunha duración de 45 minutos por sesión. Están dirixidos a persoas maiores de 60 anos, e hai participantes que superan os 80”.


A maiores, a concelleira indica que “o obxectivo da musicoterapia é mellorar a psicomotricidade a través do ritmo da música. Por tanto, son talleres moi lúdicos, nos que se emprega dende música tradicional ata música máis moderna. A metodoloxía combina tanto a musicoterapia activa, que inclúe tocar algún instrumento, coa musicoterapia pasiva, escoitando audicións de música significativa. Non obstante, non é preciso ter base musical nin saber tocar un instrumento para acudir á actividade, xa que xógase con elementos percusivos. A maiores, trabállase a memoria”.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A tenente de alcalde mantivo unha reunión coa docente que conducirá os talleres de musicoterapia, Rebeca Sobrado, que é profesional sanitaria, doutora en xerontoloxía, e presentou a súa tese sobre Musicoterapia e Xerontopsicomotricidade. Paz Pérez destaca que “deste xeito, o Concello aposta por fomentar a saúde e o envellecemento activo, con propostas de calidade, para coidar o benestar da veciñanza. Na actividade, a docente emprega as ferramentas propias froito do seu estudo, sendo un proxecto pioneiro neste eido, e respaldado polos resultados da súa investigación, o cal sitúa a Lalín como referencia neste ámbito”.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page