top of page

Volve a Arzúa o programa de excursións 'Coñece o teu país' que recupera o Concello

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Os destinos elixidos son Ferrol, Sober, Bueu e Ribadavia e terá lugar entre xuño e setembro


Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura informa que o Concello de Arzúa recupera o programa de excursións Coñece o teu país que volve despois de varios anos sen celebrarse con motivo da pandemia. A iniciativa regresa con catro novas visitas a diferentes lugares da xeografía

galega ao longo dos meses estivais, de xuño a setembro, de maneira totalmente gratuíta.


A primeira delas será o vindeiro sábado día 25 de xuño á provincia da Coruña. A viaxe será á cidade de Ferrol na que se realizará unha visita a Exponav, o museo de contrución naval máis importante de Europa. A xornada completarase coa visita guiada á zona monumental pola tarde.


A segunda excursión correspondente á provincia de Lugo que se celebra en xullo, será o día 30. Nesta ocasión o destino elexido será Sober para visitar diferentes igrexas románicas deste municipio da Ribeira Sacra e a Casa Reitoral de Gundivós reconvertida en centro de interpretación da olería.

Autor: Ecos da Comarca.

As dúas restantes serán o sábado 27 de agosto a Bueu na provincia de Pontevedra e, xa para rematar este ano, realizarase unha saída á localidadeourensá de Ribadavia o sábado 24 de setembro.


Segundo se indica dende o Departamento de Cultura, todas as persoas interesadas en participar no programa deberán inscribirse na Oficina de Cultura e Deportes, podendo anotar como máximo a un acompañante por cada solicitante. As prazas dispoñibles iranse cubrindo por orde de inscrición, sendo as mesmas limitadas.


Todas aquelas persoas que desexen apuntarse á primeira viaxe organizada para o vindeiro 25 de xuño a Ferrol, poden facelo a partir deste venres, 17 de xuño, entre as 8:30 e as 14:00 horas. Lembren que o a Oficina de Cultura e Deportes está situada no edificio sociocultural María Mariño, na rúa Padre Pardo nº 33, no 1º andar (ao carón de Radio Arzúa).

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page