top of page

Volve a Arzúa o ciclo de música na rúa con catro concertos de balde este verán

Arranca hoxe con Rondalla Moraima


Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa organiza, dentro da programación cultural de verán, unha nova edición do Ciclo de música na rúa baixo o título de En Aberto. Este ano prográmanse un total de catro concertos ao aire libre. Os mesmos celebraranse na Praza de Galiza ás 21:00 horas, serán de entrada gratuíta e con acceso libre.

Un dos concertos da edición do ano pasado.
Un dos concertos da edición do ano pasado.

Hoxe, xoves, 31 de xullo, terá lugar o primeiro recital da man da Rondalla Moraima que ofrecerá o segundo dunha serie de concertos con motivo da conmemoración do seu 25 aniversario.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Neste ciclo tamén se subirá ao escenario o xoves 14 de agosto a banda compostelá de música blues Andhrea & The Black Cats que leva pisando moitos escenarios dende 2012 destacando o Festival de Blues de Benicassim e o Sweet Cotton Festival. Hoxe en día están a presentar a súa nova formación, coa incorporación da tuba, dotando aos seus directos dun carácter que fai recordar á vella Nova Orleans.


O xoves 21 será a quenda de Abril, dúo formado por Claudia Abril e Marina Carpente no que melodías tradicionais galegas e ibéricas son adaptadas a sonoridades actuais con certa intimidade, personalidade e frescura.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A última actuación correrá a cargo do grupo SonBoleros o xoves 28 de agosto. Este cuarteto nace para rendir homenaxe á música latina en Galicia cunha línea moi elegante.


O Concelleiro de Cultura, José Luís García, convida a toda a veciñanza e visitantes “a participar neste ciclo de concertos cargado de variedade de estilos e dunha gran calidade musical co propósito de chegar así a todos os públicos”.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page