top of page

Voluntarios de Protección Civil de Cruces denuncian que as súas demandas seguen sen resposta

Entre estas figuran que se convoquen eleccións ou material e vestimenta da que carecen


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Voluntarios de Protección Civil de Vila de Cruces lamentan a falta de resposta ás súas demandas formuladas hai máis de catro meses.

ree

En primeiro lugar, "non entendemos porque o Concello segue sen facer as eleccións e cando nada se llo impide tal e como indican dende a Xunta de Galicia".


Ademais, tampouco entenden que "a expresidenta siga sen dar explicacións das contas, en que gastou o diñeiro, ou mesmo en que dimitira por problemas de saúde cando se pediron as contas, pero que siga actuando en emerxencias e operativos igual que xa facía sendo presidenta".

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Por outro lado, seguen demandando material e vestimenta "da que carecen e do que o Concello segue facendo caso omiso", tal e como aseguran.


Por último, inciden en que "todos sabemos que a agrupación para o Concello non ten os mesmos fins que para os voluntarios. Nós non somos nin unha perrera, nin pega carteles, e menos carteles políticos, como xa pegou máis de un voluntario. Nós estamos para axudar aos veciños nas emerxencias que teñan", recalcan.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page