top of page

Voltan ao municipio de Silleda as máquinas da Macomunidade Terras de Deza

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Iniciaron os traballos na parroquia de Cira, e continuarán en Piñeiro, Taboada, Vilar de Graba, Martixe, Pazos e Lamela


Laura Moure/Silleda

As máquinas da Mancomunidade Terras do Deza regresaron a Silleda no segundo turno do ano, comezando os traballos na parroquia de Cira. Estes traballos realizados pola entidade comarcar están destinados a mellorar camiños e accesos a pastos gandeiros e explotacións gandeiras, e continuarán nos vindeiros días na parroquia de Piñeiro.

Prevese que as máquinas cheguen nas vindeiras semanas ás parroquias de Taboada, ao lugar de Vilar (en Graba), o vial entre Martixe e Pazos e Lamela, conforme ás demandas plantexadas polos veciños nas reunións mantidas a comezos de ano.


Desde o goberno local agárdase poder cumprir con este obxectivo de traballo, aínda que, ao estar algúns dos traballadores da mancomunidade de baixa, será necesario reforzar o servizo con persoal municipal e maquinaria adicional.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Desbroces en marcha

Por outra banda, despois de que os operarios municipais e as empresas de servizos contratadas finalizaran os traballos de reforzo de desbroces durante a época de verán, agora comezou a segunda fase de traballos do ano cun novo pase de desbroces, que se espera rematar antes de que acabe o ano.


Os traballos comezaron pola parroquia de Parada e seguirán o calendario fixado polo goberno. Neste momento, os tractores municipais seguen adicados a estes traballos (ademais da limpeza do recinto feiral Semana Verde de cara ao certame internacional Six Days de Enduro) . Os traballos continuarán ata o mes de decembro.

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page