top of page
Foto del escritorLaura Moure

Volta o programa 'Silleda Activa' para os maiores con musicoterapia xerontolóxica e ximnasia

As inscricións poden formalizarse dende o luns día 13 no Centro Social dos Maiores


Laura Moure/Silleda

O programa Silleda Activa, posto en marcha dende o departamento municipal de Benestar Social para as persoas maiores, volta a partir de outubro. Inicialmente ofertaránse dúas actividades: ximnasia de mantemento, con sesións que se celebrarán os martes e xoves de 10:15 a 11:00 hora no Centro Social de Silleda (15 euros ao mes) e a exitosa actividade de Musicoterapia Xerontolóxica.

Esta última actividade terá lugar os luns e mércores con dous turnos (de 10:00 a 11:00 e de 11:30 a 12:30) no Centro Social de Silleda; e os martes e xoves haberá outra sesión de 10:00 a 11:00 no Centro Social da Bandeira. Esta actividade é gratuíta para as persoas usuarias.


Todas as persoas que desexen participar deben inscribirse no Centro Social de Silleda, onde se atopan as dependencias de Benestar Social, a partir do vindeiro luns día 13 (poden achegarse de luns a venres no horario do centro). Está previsto que estas dúas actividades comecen no mes de outubro, sempre e cando conten co mínimo de persoas participantes.


Así mesmo, dende o departamento estableceuse un protocolo cas medidas hixénico sanitarias relativas a estas iniciativas, nas que haberá tamén un máximo de participantes. “En función de como evolucione a situación epidemiolóxica, valoraremos a posibilidade de retomar outras actividades e obradoiros do programa”, indica a concelleira de Benestar, Ángela Troitiño.


Novo récord de visitas en Carboeiro

O Mosteiro de Carboeiro vén de acadar un novo récord de visitas. Dende que este edificio histórico e patrimonial comezou a súa andaina como lugar turístico, as cifras non fan máis que aumentar. En agosto de 2020 Carboeiro chegaba á súa cifra máis alta rexistrada ata aquel momento con 4.032 persoas, cifra que neste ano 2021 se superou con 4184 visitantes


Como é habitual no perfil turístico, pasaron por Carboeiro unha porcentaxe maior de mulleres (52%) que de homes, de entre 35 e 65 anos (64%) que se achegaron coa súa familia (47%) ou parella (39%) ata o Mosteiro e no seu vehículo (94%); porén, unha porcentaxe pequena (5%) decidiron facer o sendeiro do Deza e, cheganto a pé ata o cenobio. 


Non obstante, a procedencia das visitas sí é moi diferente a anos anteriores, xa que a maioría das visitas neste mes de agosto de 2021, procedían de fóra de Galicia, pero de dentro do territorio español (60%) sendo a comunidade de Madrid o lugar onde residían a maior porcentaxe destas visitas (741 pax.). 


Agora ben, Galicia queda por primeira vez nun segundo posto en canto á procedencia, cun 35% de visitas; porén, estamos a falar de cifras moi altas. Dentro da comunidade galega, Pontevedra (45%) e A Coruña (43%) seguen a ser as provincias das que máis visitantes se achegan ao Mosteiro, máis concretamente das grandes cidades como Santiago de Compostela (297pax.), A Coruña (178 pax.), Pontevedra (170 p.), Vigo (164 p.) e, desta volta, tamén da de Ourense con 94 pax.


Deste xeito, vemos pequenos cambios neste punto, inclusive nas visitas de fóra de España que foron moi variadas. Estas visitas, 162 persoas, procedían de lugares tales como: Portugal, Alemania, Francia, Italia, Suiza, Bélxica, Venezuela, Marruecos, Normandía, ...


Por outra banda, destacar que unha das características do perfil habitual de Carboeiro era que a porcentaxe máis alta das visitas xa coñecían o Mosteiro dende facía tempo e querían volver a velo ou traían familiares ou amigos para ensinarllelo. Neste caso tamén se acercaron persoas que coñecían Carboeiro, pero a maioría (55%) das visitas, coñeceron o

Mosteiro a través de internet.


En xullo batiuse outro novo récord en canto a meses similares de anos anteriores con 2.398 visitantes, que se suman aos bos balances de maio  e xuño, cun total de 1.105 e 1.182 visitas respectivamente.


Música no Ar, Monumenta e Trail da Carixa

Esta fin de semana Carboeiro tamén acollerá distintas actividades. Así, este sábado ás 19:00 horas terá lugar o concerto de Beatriz Arenas (soprano) e Brais González (Piano), no marco do ciclo Música no Ar, da Deputación de Pontevedra. A cita contará con entrada libre ata completar aforo.


O domingo Carboeiro será referente por partida dobre. Así, ademais de ser lugar de paso do Trail da Carixa, probar que tamén batirá récord de participación, celebrarase a actividade Monumenta, organizada dende o Xacobeo, cunha ruta pola senda botánita e a actividade titulada Dende Carboeiro ao Kumano Kodo en Xapón.Ademais da senda botánica os participantes inscritos nesta activiade viaxarán ao camiño xapoñés, con distintas actividades coma o recital da poetista Luz Pichel, e a intervención de caminantes convidados como María Abuín Fernández (guía e cofundadora da entidade Máis que románico); Gaspar Bernárdez, enxeñeiro forestal e paisaxista ; e a performer e artista xaponesa Masako Hattori.

0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page