top of page

Volta o programa de educación afectivo sexual do Concello de Silleda

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Dende este mércores e durante tres xornadas impartiránse sesións para o alumnado do IES Pintor Colmeiro


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda a través do departamento de Educación, que dirixe Ánxela Troitiño, volve poñer en marcha os obradorios de educación sexual nos centros educativos, en colaboración cos distintos departamentos de orientación dos centros. Estes obradoiros comerzarán a impartirse este mércores e continuarán os días 4 e 11 de maio, para o alumnado de 1º e 2º da ESO do IES Pintor Colmeiro, da man da Educadora Social do Concello, Sara Blanco, e a psicóloga Vanesa Loureiro, en calidade de voluntaria do Concello de Silleda.


A coordinación cos orientadores/as buca que os propios centros indiquen as necesidades que observan para poder tratalas nos obradoiros levados a cabo, intentando así, dar resposta a aquelas inquedanzas que mostran os alumnos e alumnas participantes no programa.


O programa ten un carácter anual, sendo levado a cabo dentro do curso académico no propio centro; nas horas e datas conveniadas co mesmo. A primeira edición levouse a cabo no curso 2018-2019, e contiña sesións para alumnado de 6º de Primaria (fíxose no CEIP Silleda e no CEIP Ramón de Valenzuela), e para alumnado da ESO (realizouse no IES).


Neste ano 2020-2021 ofertouse de novo, pero vista a situación actual, só solicitou a realización do obradoiro o IES Pintor Colmeiro, con formación para os dous cursos citados anteriormente.

A bandeira do Orgullo Gay no balcón consistorial de Silleda (hai anos) en sinal de apoio á loita social pola igualdade, sexa cal sexa a orientación sexual.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page