Volta o Depor Campus Cabreiroá ao municipio de Silleda, con inscricións ata o día 8 de xullo
- Laura Moure

- 10 jun 2021
- 2 Min. de lectura
Celébrase nesta localidade por segundo ano consecutivo e será do 12 ao 16 do vindeiro mes
Laura Moure/Silleda
Silleda acolleu a presentación do Depor Campus Cabreiroá de verán, que se realizará na localidade, por segundo ano consecutivo, na semana do 12 ao 16 de xullo. As actividades están dirixidas a nenos e nenas de seis a 14 anos de idade e realizaránse nesta edición no campo da Gandareira, na Bandeira .
Na presentación participaron o alcalde, Manuel Cuiña, a concelleira de Deportes, Mónica González, Pablo Barros, director das actividades formativas da Fundación RC Deportivo e Manuel Maceira, que será o coordinador local do campus. Cuiña destacou o éxito da primeira edición do campus, celebrada no campo de Outeiriño en 2020 tamén en colaboración co Concello, con máis de 30 participantes, pese a aplicarse un rigoroso protocolo pola pandemia.

As inscricións xa están abertas e poden formalizarse ata o xoves 8 de xullo ás 12:00 horas. Para consultar información sobre tarifas e outras cuestións, as persoas interesadas deben de acceder ao enlace http://deporcampus.rcdeportivo.es/es/silleda-2021/inicio, onde ademais hai que realizar a inscrición.
Para calquera dúbida ou consultas sobre a actividade tamén se pode contactar directamente ca organización no enderezo deporcampus@rcdeportivo.es
Obra en Cortegada
Noutra orde de cousas, o equipo do departamento municipal de Obras de Silleda, que dirixe Antonio Ferro Losada, arranxou nos últimos días un acceso no lugar de Cardigonde, na parroquia de Cortegada.
O tramo, que acusaba un notable deterioro, dotouse de formigón para permitir o tránsito de vehículos que acceden a vivendas e fincas desta zona. O equipo, que se reforzou o pasado mes de abril con catro persoas como operarias a través do Plan Concellos da Deputación, tamén acometeu nos últimos días actuacións en viais de Siador e Piñeiro. Nas vindeiras semanas continuarase cas labores de bacheo e melloras en distintos puntos do
municipio.l






Comentarios