top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Volta a Silleda o proxecto solidario 'A miña horta é túa' da Fundación Baiuca Verdescente

O Concello apoia esta iniciativa, un ano máis, mediante un convenio de colaboración ca aportación de 1.000 euros


Laura Moure/Silleda

O proxecto A miña horta é a túa, promovido pola Fundación Baiuca Verdescente volta a Silleda despois de estrenarse con gran éxito o pasado ano. Trátase dun proxecto solidario, no que participan mozos e mozas de xeito voluntario e produtores de Silleda que aportan os excedentes da súas hortas. Os produtos distribuénse despois a través do departamento municipal de Benestar Social ás familias en situación de vulnerabilidade.


O Concello de Silleda apoia, un ano máis, mediante un convenio de colaboración ca aportación de 1.000 euros, con esta proposta, que ademais da solidariedade fomenta tamén a interacción social e interxeneracionalidade.


Dende este mércores, e ao longo do verán, os voluntarios e voluntarias da fundación recollerán nas hortas os produtos para facer despois o pesado e reparto dos mesmos. As cestas entréganse en Benestar Social, onde de xeito confidencial se reparten os produtos. Nesta primeira sesión de mañá farase entrega a 10 familias.


Produtos doados nesta iniciativa o ano pasado.


O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, agradece a labor realizada pola fundación e destaca as vantaxes desta iniciativa que promociona ao mesmo tempo unha alimentación saudable, con produtos locais e de calidade.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page