top of page

Volta a Silleda o DéporCampus Cabreiroá, do 14 ao 18 de xullo, no estadio da Gandareira

Está dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos


Laura Moure/Silleda

O DéporCampus Cabreiroá volta este verán a Silleda. As actividades organizadas pola Fundación R.C Deportivo da Coruña en colaboración co Concello terán lugar do 14 ao 18 de xullo próximos para os nenos e nenas de 6 a 14 anos.

Despois do grande éxito das campañas anteriores, as actividades terán lugar de 10:00 a 14:00 horas no campo de fútbol municipal da Gandareira. As inscricións están xa abertas e deben realizarse a través da web deporcampus.rcdeportivo.es. Toda a información, prezos e inscricións están dispoñibles no enlace https://deporcampus.rcdeportivo.es/es/silleda-2025/inicio


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Para calquera dúbida ou aclaración pódese contactar directamente ca organización a través do enderezo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es 


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Dende o Concello de Silleda a alcaldesa, Paula Fernández, e a concelleira de Deportes, Mónica González, agradecen á Fundación R.C Deportivo que sigan apostando pola localidade para celebrar este campus, que sigue sumando nenos e nenas en cada edición e que se celebra de xeito alterno nos campos de Silleda e da Bandeira.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page