Estas iniciativas do departamento de Igualdade reanudaranse a partir da
vindeira semana, ca mellora da situación sociosanitaria
Laura Moure/Silleda
O departamento municipal de Igualdade, que dirixe Ánxela Troitiño, volve retormar algunhas das súas actividades a partir da vindeira semana. Así, xa dende o vindeiro venres día 4 voltan as sesións do Club de lectura feminista Máis Violeta. Como viña sendo habitual as sesións serán quincenais, con encontros os venres en horario de 20:30 a 21:45 na
biblioteca pública municipal Daniel Castelao.
Tamén se retoman as sesións da Escola de Empoderamento, unha iniciativa posta en marcha ca colaboración da Deputación de Pontevedra. Será cun obradoiro baixo o lema Autoestima e desgaste emocional, que terá lugar os días 7,8 e 9 de xuño na Casa da Cultura de Silleda, en horario de 17:00 a 19:00 horas.
Para asistir a estas sesións é preciso inscribirse ,dende o vindeiro luns 31 e ata o venres día 4, a través do Centro de Información á Muller (CIM), que coordina estas actividades, chamando ao 986 592 037 ou a través do mail cim@silleda.es
A Escola de Empoderamento de Silleda naceu a finais do ano 2018, con distintas actividades, e co obxectivo de convertirse nun espazo de encontro no que as mulleres analicen as súas propias experiencias e poidan disponer de ferramentas que contribúan a reforzar o seu sentido de individualidad, asumindo responsabilidades sobre as súas propias decisións.
Comments