Visita do IES Pintor Colmeiro á Rede de Calor de Silleda
- ecosdacomarca

- 1 oct 2025
- 1 Min. de lectura
Un grupo de alumnos de 1º de STEMBach coñeceron a dotación, pioneira en Galicia
Ecos da Comarca/Silleda
A Rede de Calor con Biomasa do Concello de Silleda continúa sendo un referente na Comunidade galega. Así un grupo de alumnas e alumnos que están a cursar este ano
Primeiro de STEMBach (Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía) realizaron unha visita a esta instalación acompañados de persoal do centro e do concelleiro de Transición Ecolóxica, Manuel Requeijo.

Guiados por personal da firma Veolia, encargada da xestión da rede, os alumnos e alumnas percorreron a planta de producción da Rede que abastece de auga quente e calefacción a distintas instalación (complexo deportivo, escola infantil, casa do concello e hotel Vía Argentum).
Publicidade
A instalación silledense -que xa ten recibido numerosas visitas de participantes en xornadas técnicas e estudantes de distintos ciclos formativos, foi a primeira de carácter público-privado de Galicia, recibiu en 2019, meses despois da súa estrea a finais de 2018, o VI Premio Enerxía de Galicia, ao mellor proxecto de enerxías renovables.







Comentarios