“É como se houbese de feito un máster en terra e quiteime un peso de encima”, asegura dende Letonia o piloto de Palas de Rei
Laura Moure/Palas de Rei/Deza
Os integrantes da estrutura do Team Vilariño, liderados polo piloto de Palas de Rei Luís Vilariño e o copiloto forcaricense José Murado, regresan mañá de Letonia “felices e satisfeitos” tras debutar no European Rally Championship (ERC) e finalizar “o esixente” Rally de Liepā ja na vixésimo sétima posición. Finalizar os 14 tramos deste rally foi para Vilariño e Murado “como quitarse unha espiña” que tiñan cravada pola mala fortuna e os contratempos sufridos no inicio de tempada, tanto no abandono do Rally Terras Altas de Lorca, como no accidente no Rally Terra dá Auga ou pola ausencia no Rally de Polonia debido ao positivo por Covid-19 de Luís Vilariño.
Nestas dúas xornadas de competición no país báltico, nas que participaban máis de 60 dos mellores equipos do campionato europeo, a crónica da proba foi a dun rally de menos a máis, con Vilariño e Murado movéndose entre as posicións 30 e 40 nos tramos disputados o primeiro día na localidade de Talsi, e ascendendo ata a posición número 27 ao final dos tramos de hoxe en Liepā ja na xornada final. Luís Vilariño non podía ocultar a súa satisfacción nada máis cruzar a meta do último tramo desta tarde: “Por fin acabamos un rallye de terra. A verdade é que nos fomos freando todo o rally, fixemos moitos trompos e os tramos desta mañá foron un desastre, pero neste últimos tres tramos decidimos correr un pouco como podemos, igual estando ao 80 ou 90%, e xa fixemos tempos que son outra cousa. É coma se fixese un máster en terra e a verdade é que me quitei un peso de encima do carallo”.
Pola súa banda, Jose Murado mostrouse “contento” porque “foi un rally sen problemas mecánicos, no que o coche portouse perfectamente e sen cometer nós grandes erros, só cousas típicas da aprendizaxe”. “Foi un rally de evolución e aprendizaxe, nunha proba que era moi difícil e esixente para estrearnos no ERC, nunha superficie de terra e a este nivel; é un rally moi moi rápido, de confiar moito, de ter as notas moi ben elaboradas e de probar diferentes set- ups no coche, regulando un pouco durante todo o rally, facendo traballo de campo...”, sinalou. “A posición neste rally non fai moita xustiza, pero agora chega o Rally de Roma, xa sobre asfalto, con terreo coñecido, e aí imos marcar realmente onde podemos estar no campionato”, engadiu.
Comments