top of page

Vila de Cruces, Touro, Vedra e Boqueixón amosan conxuntamente a súa oferta turística no Fairway

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Ecos da Comarca/Cruces/Touro

Os Concellos de Vila de Cruces, Touro, Vedra e Boqueixón promoveron os seus recursos turísticos, culturais e empresariais vencellados cos Camiños de Santiago na cuarta edición

do Fairway, que tivo lugar do 7 ao 9 de novembro no Pazo de Congresos de Santiago.

No expositor conxunto, os catro municipios aproveitaron para dar a coñecer as amplas posibilidades que poden ofrecer ás persoas que acoden a Compostela a través de calquera dos itinerarios xacobeos. Áreas naturais e recreativas, patrimonio cultural, histórico e artístico, comercio de proximidade e de calidade son só algunhas das propostas que se puxeron ao alcance das persoas que visitaron Fairway, coa Festa do Galo como principal protagonista.


O tenente de alcalde de Vila de Cruces, Julio López, pechou este martes este evento de oferta turística, no que o longo do día pasaron centos de persoas polo stand. López saíu moi satisfeito ao comprobar persoalmente, a boa aceptación que ten por parte da xente o turismo de interior, e xa esta a pensar na posibilidade de poder acudir a outras feiras para promocionar o concello, mesmo valora a posibilidade de acudir a FITUR, sempre que poida ir da man da Xunta de Galicia ou ben da Deputación de Pontevedra.

0 comentarios

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page