top of page

Vila de Cruces solidarízase co gremio de feirantes na Festa do Galo de Curral

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O goberno local, por petición do tenente alcalde, Julio López, opta por non cobrar aos feirantes as cotas habituais


Laura Moure/Vila de Cruces

O tenente de alcalde de Vila de Cruces, Julio López, mantivo unha reunión co resto dos seus compañeiros de goberno para tomar unha decisión sobre as cotas que normalmente se lle cobran aos feirantes que cada ano instalan as súas atraccións para o goce de todos os cruceños e cruceñas durante a Festa do Galo de Curral. A decisión que tomaron este ano é a de non cobrar as cotas pola instalación das atraccións das feiras de forma excepcional.

Segundo comenta o tenente de alcalde tras o encontro cos seus compañeiros, “é practicamente unha obrigación axudar no posible a este sector que o pasou tan mal durante a pandemia, os cales non puideron exercer a súa profesión estes dous últimos anos, sendo en moitos casos a única forma de subsistencia que tiñan, e por este motivo o concello de Vila de Cruces comprometeuse con todos os feirantes a non cobrar a cota por

instalación das atraccións”.

O alcalde Taboada encomiou a proposta formulada por López e ratifica esta decisión, mencionando que Cruces "é unha vila solidaria que comprende os malos momentos que se viviron tras a pandemia en todos os sectores que tiñan que ver cos eventos e as verbenas, algo que empezan a retomar e na que temos que poñer o noso graniño de area, como é este caso".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page