top of page

Vila de Cruces saca unha bolsa de traballo para substituír a persoal da biblioteca

Laura Moure/Vila de Cruces

O alcalde de Vila de Cruces, Luís Taboada, asinou este martes as bases para a promoción dunha bolsa de traballo para substituír ao persoal que nestes momentos está de baixa na biblioteca municipal. Comezouse o trámite desta nova bolsa, unha vez que xa esta creada a bolsa para suplir ao persoal de Intervención.

"Os usuarios da biblioteca municipal atópanse afectados pola baixa por enfermidade da funcionaria responsable, algo que pode pasarlle a calquera, e que todos os cruceños e cruceñas poden entendelo. O que pasa é que se está facendo moi difícil compaxinar o persoal do que se dispón no Concello para cubrir o horario da biblioteca, quedando o servizo orfo e ocasionando unha presión no funcionario, que á parte de estar enfermo/a séntese responsable", indica o Concello.

Debido a isto o rexedor optou por sacar unha bolsa de emprego, como fixo hai uns meses atrás para atender as necesidades de Intervención, e agora faino para atender as necesidades da biblioteca municipal, e escolleu este momento porque unha vez rematadas as clases a biblioteca practicamente non se utiliza e é o mellor momento para tramitalo e así cando sexa necesario reactivar a biblioteca estea ao cento por cen.


Taboada con esta acción quere agradecer o traballo de todos os funcionarios e funcionarias do Consistorio. "Que non estean preocupados por ter que ausentarse das súas prazas ao estar enfermos, porque nesa situación poderase solicitar ao persoal da bolsa que cubra estas baixas, e os funcionarios que estean de baixa só terán que preocuparse de volver aos seus postos cando estean totalmente recuperados", incide.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page