Vila de Cruces repartirá case 2.000 euros en premios no seu concurso de Entroido
- Laura Moure
- 1 mar
- 2 Min. de lectura
Terá lugar o martes 4 de marzo
Laura Moure/Vila de Cruces
O Concello de Vila de Cruces está a organizar o seu Entroido para o vindeiro martes, 4 de marzo. Haberá desfile de carrozas e disfraces polas rúas da vila a partir das 17:00 horas. Ante unha boa previsión meteorolóxica, o animado desfile sairá da zona do bar A Rotonda ata chegar á Praza Juan Carlos I (Praza do Concello).

As persoas interesadas en participar poden anotarse no Rexistro do Concello ata o martes ás 15:00 horas. A organización tamén indica que os participantes que queiran utilizar música na súa actuación deberán entregala nun pen no Rexistro do Concello antes do luns 3 de marzo ás 14:30 horas. Desde o Concello destacan que as inscricións van a bo ritmo e auguran unha gran participación de grupos e disfraces individuais.
O concurso terá diferentes premios en metálico segundo as categorías. Na modalidade de carrozas entregaranse premios para os tres primeiros clasificados (1º premio: 295 euros; 2º premio: 175 euros; e 3º premio: 125 euros); na categoría de grupo senior tamén haberá tres distincións (1º premio: 200 euros; 2º premio: 150 euros; e 3º premio: 100 euros); a de grupo infantil terá outros tres gañadores (1º premio: 150 euros; 2º premio: 120 euros; e 3º premio: 90 euros); ademais distinguiranse as mellores parellas infantís (1º premio: 90 euros; 2º premio: 70 euros; e 3º premio: 50 euros); e os máis espectaculares disfraces individuais, en categoría senior (1º premio: 60 euros; 2º premio: 50 euros; e 3º premio: 40 euros), e en categoría infantil (1º premio: 60 euros; 2º premio: 50 euros; e 3º premio: 40 euros).
Comments