Vila de Cruces reforza o Servizo de Vías e Obras coa adquisición con fondos propios dun novo remolque
- ecosdacomarca

- 5 ago
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O Concello de Vila de Cruces adquiriu un novo remolque destinado ao Servizo Municipal de Vías e Obras, unha actuación que permitirá mellorar os medios materiais cos que conta este departamento para desenvolver os labores de mantemento e conservación das infraestruturas municipais.

PUBLICIDADE
A incorporación deste novo equipamento responde á necesidade de reforzar a
capacidade operativa do servizo, especialmente tras a recente adquisición dun novo
tractor municipal.
PUBLICIDADE
O remolque permitirá optimizar os traballos diarios, incrementar a axilidade nas intervencións e reducir os tempos de execución das distintas tarefas, contribuíndo así a unha prestación máis eficiente dos servizos públicos.
PUBLICIDADE
PUBLICIDADE
O investimento ascendeu a 29.645 euros e foi financiado integramente con cargo ao
orzamento municipal de 2026.










Comentarios