O grupo de goberno decidiu que é un deber recoñecer o traballo de todos e todas aquelas persoas que foron decisivas na loita contra a pandemia e farano o día 5 na Festa do Galo
Laura Moure/Vila de Cruces
O Grupo de Goberno de Vila de Cruces vén de informar da intención de facer un recoñecemento público a todas aquelas persoas que colaboraron en axudar a paliar dunha forma ou outra o Covid-19. O alcalde Luis Taboada quixo que este recoñecemento fose público diante de todos e cada un dos veciños e veciñas, polo que puxeron a data do día 5 de setembro, aproveitando a celebración da Festa do Galo, e facer así un recoñecemento que é necesario e de xustiza segundo comenta Julio López. El foi o encargado de xestionar este evento.
"Un evento no que se ten previsto dar as grazas en primeiro lugar a todos e todas as veciñas de Vila de Cruces, por soportar as restricións e as prohibicións con enteireza e colaborando en todo momento, aos hostaleiros, aos comerciantes, ás asociacións culturais e deportivas, a emprendedores e emprendedoras que acababan de montar os seus negocios e estano pasando moi mal para saír adiante, realmente a todos e a todas, pero moi especialmente aos servidores públicos, que traballan na sombra, e que desde o Concello de Vila de Cruces quérense facer visibles, como son os nosos Sanitarios, a nosa Garda Civil, a nosa Policía Local, os nosos voluntarios de Protección Civil, e non queremos esquecernos da atención aos nosos maiores, algo primordial ao ser estes, o de máis risco, por este motivo a estes sectores son os que hai que recoñecer o seu traballo incondicional, sempre sen pedir nada a cambio, mesmo nalgúns casos custándolle a súa propia vida".
O grupo de goberno convida a todos os que queiran participar en agradecer a estes
colectivos o seu esforzo e dedicación a súa asistencia, pero como sempre respectando
as normas sanitarias e con “sentidiño”
Comments