Vila de Cruces oferta 20 accións formativas no Programa de Cursos Parroquiais 2025
- Laura Moure
- 19 mar
- 2 Min. de lectura
Poderán solicitar a súa participación as diferentes asociacións activas do municipio do 24 ao 31 de marzo no Rexistro municipal ou na sede electrónica
Laura Moure/Vila de Cruces
O Concello de Vila de Cruces pon en marcha o Programa de Cursos Parroquiais 2025, unha iniciativa de participación cidadá que se desenvolverá nas parroquiais para promover as relacións interpersoais e a inclusión social. As asociacións activas do Concello (veciñais, culturais, de mulleres...) serán as beneficiarias deste servizo, coa participación dun máximo dunha asociación por parroquia.

As actividades desenvolveranse en abril (desde mediados de mes), maio, xuño, setembro, outubro, novembro e decembro nos locais sociais das parroquias participantes. Os cursos terán unha duración total de 20 horas cada un, segundo as recomendacións dos monitores especializados (nunca baixando da hora e media por sesión). Poderanse desenvolver de luns a sábado de 16:00 a 22:30 horas, agás o curso de poda que tamén se poderá impartir en horario de fin de semana. Para que se poidan impartir estas formacións deberase acadar un número mínimo de 10 participantes por curso.
As asociacións interesadas en participar poderán presentar a súa solicitude no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica do 24 ao 31 de marzo. A listaxe das asociacións admitidas para a realización dos cursos parroquiais publicarase antes do 7 de abril na web e redes sociais do Concello. Unha vez notificados ás asociacións os cursos que se lle adxudicaron e os horarios terán 15 días naturais para presentar no Concello a listaxe de persoas inscritas e os xustificantes de pago. O pago realizarase nun número de conta habilitado polo Concello.
Publicidade
De non acadar o número mínimo ou máximo de participantes, o Concello abrirá un período de inscrición extraordinario para poder completar a listaxe.
Pódense consultar as bases do programa na web do Concello:

Comments