top of page

Vila de Cruces estrea nova páxina web

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

"É máis moderna e intuitiva, para que os usuarios teñan unha facilidade de acceso aos

seus contidos", sinala o Concello


Laura Moure/Vila de Cruces

Hoxe o concello de Vila de Cruces puxo en funcionamento a súa nova páxina web oficial

www.viladecruces.es. "Unha páxina web que nace por problemas coa empresa que creou a antiga e levaba o seu mantemento contratada polo anterior goberno, que deixou unha herdanza de despropósitos, entre a que se atopaba a empresa que xestionaba a páxina web do concello, que despois de varios requirimentos non cedeu os contrasinais e o consistorio viuse obrigado a crear unha nova páxina web", asegura o goberno local.

A nova web do Concello de Vila de Cruces.

O grupo de Goberno de Xuntos tomou a decisión da necesidade de crear unha nova páxina web polo anteriormente comunicado. "E tamén porque Luís Taboada en aras da transparencia e o bo goberno quería un apartado na mesma que puidese aloxar toda a documentación referente aos trámites realizados en contra dos parques eólicos, e que todos os cruceños e cruceñas poidan estar informados o minuto", sinala.


Nunha primeira opción, tal e como explica o Concello, o rexedor barallaba a posibilidade de habilitar un computador na Casa do Concello para que todos os que quixesen puideran acceder ao mesmo e revisar a documentación, pero esta opción quedou descartada, xa que os veciños terían que desprazarse ao Concello, e só poderían revisalos documentos en horarios de mañá de luns a venres, algo que a Luís Taboada non o acababa de convencer. "En cambio desta maneira a transparencia é total xa que calquera persoa que

dispoña dun teléfono móbil ou dun computador con conexión a internet, pódeos ver en calquera momento e en calquera sitio. E máis ao ter que realizar esta nova paxina web, o concelleiro de Cultura e Turismo, Julio López, quixo que se unifique as tres páxinas que existían anteriormente, nunha única páxina máis intuitiva e de fácil acceso, unha páxina que de momento convivirá coa páxina antiga, pero que en breve cando todos os datos estean xa envorcados, soamente poderase acceder a esta nova paxina que será máis sinxela e que permitirá realizar moitos trámites administrativos sen ter que desprazarse para iso o concello", recalca.


Tamén no día de hoxe pódese comprobar que no balcón do concello loce unha pancarta na que queda claro a posición do goberno con referencia aos parques eólicos que se pretenden instalar no municipio, e por conseguinte tamén ás liñas de alta tensión que o atravesarían. Esta mesma imaxe da pancarta atópase na páxina web www.viladecruces.es que será o botón de ligazón para acceder a toda a documentación.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page