Laura Moure/Vila de Cruces
Esta mañá o tenente de alcalde, Julio López, e a concelleira de Benestar, Mireya Otero, achegáronse a saudar á que a partir de hoxe será a nova pediatra de Vila de Cruces. A impresión que lles trasladou Natalia foi moi grata, segundo comenta Julio López.
Mantiveron unha reunión o máis breve posible, para non alterar o traballo programado para o día de hoxe desta profesional, ao que o goberno de Cruces, deséxalle o mellor para o que resta de ano e espera que a súa adaptación sexa o máis agradable posible.
Pola súa banda, Luís Taboada, que por motivos de axenda non puido asistir ao encontro da nova pediatra, reafirma o seu compromiso cos veciños e veciñas de Vila de Cruces e fai fincapé en que "cando as administracións queren entenderse é posible a negociación, e as portas da súa Alcaldía están sempre abertas a todo o que sexa beneficioso e favorable para a vila, e desexa como non pode ser doutra maneira, moita sorte a Natalia".
Yorumlar