top of page

Vila de Cruces convoca o programa Concilia de Verán 2026 para facilitar a conciliación ás familias

O prazo de solicitude estará aberto do 12 ao 19 de maio no rexistro do Concello ou na sede electrónica


Laura Moure/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces pon en marcha un ano máis o Programa Concilia de Verán 2026, unha iniciativa de atención á infancia que ofrece aos pais e nais a posibilidade de que nas datas das vacacións do verán (finais de xuño, xullo e agosto) os seus fillos e fillas poidan optar a este servizo para facilitar a conciliación entre a vida laboral e os coidados dos menores.

O programa Concilia de Verán, independente dos cursos de natación deste ano, está destinado a aquelas persoas que teñan fillos ou fillas de 3 a 12 anos. Como requisitos, o programa establece que teñen preferencia nas solicitudes os nenos e nenas matriculados no CEIP Cerdeiriñas ou no CEIP Nosa Señora da Piedade; que o neno ou nena e algún dos seus proxenitores estean empadroados no Concello; e que os proxenitores xustifiquen a imposibilidade de atender aos menores no horario do servizo.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

A actividade desenvolverase en quendas de semanas, contándose un total de dez semanas no verán, cun horario diario de 9:00 a 14:00 horas. Ofértanse 80 prazas por quenda ou semana, polo que un mesmo solicitante poderá participar en nove semanas

como máximo, para que poida descansar canda menos 15 días.


A recepción e recollida dos participantes realizarase no Pavillón Municipal de Deportes e as actividades do programa desenvolveranse en diferentes instalacións, como son o propio pavillón deportivo, o recinto do colexio Nosa Señora da Piedade, o parque xunto á Residencia de Maiores, o Auditorio Xosé Casal, a piscina municipal e en zonas exteriores próximas ao pavillón.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

A solicitude de inscrición e a documentación complementaria, obrigatoria para conseguir a praza, poderase presentar no rexistro do Concello ou na sede electrónica do 12 ao 19 de maio. Cada semana do programa terá un prezo estipulado (ver bases da convocatoria e solicitude de inscrición na web do Concello:

https://viladecruces.es/2026/05/08/concilia-de-veran-2026/) e se as familias interesadas teñen máis dun neno ou nena poderán ter un desconto do 20 % a partir do segundo fillo ou filla. Tamén se aplicará un desconto a través dun bono mensual, cun 10 % sobre o

importe total cando a inscrición se realice por mes completo.


O pago realizarase nun número de conta habilitado polo Concello e o xustificante deberá enviarse ao correo electrónico mireya.otero@viladecruces.es. O listado provisional de admitidos publicarase na web, redes sociais e taboleiro de anuncios do Concello o 29 de maio, e o listado definitivo o 8 de xuño.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page