Vila de Cruces celebrará o vindeiro luns, 22 de decembro, a XXVI Feira de Nadal do Galo de Curral
- Laura Moure

- 16 dic 2025
- 1 min de lectura
Contará cnha degustación gratuíta elaborada por oito restaurantes da zona
Laura Moure/Vila de Cruces
O Concello de Vila de Cruces celebrará o vindeiro luns, 22 de decembro, a XXVI Feira de Nadal do Galo de Curral. Terá lugar na Praza Juan Carlos I (Praza do Concello), a partir das 11:00 horas.

Habilitarase unha carpa para acoller a degustación gratuíta do galo, con elaboracións
realizadas polos cociñeiros de oito establecementos locais de restauración –A de Rafael, O Galicia, Onde Antonio Mouriscade, Casa San Martín, Casa Don Din, O Refuxio, Álex Iglesias e O Pazo–, e a venda do animal xa morto para levar para á casa.
Publicidade
O alcalde Luís Taboada e outras autoridades inaugurarán a degustación ás 12:00 horas. A xornada contará coa actuación en directo dos Gaiteiros Vai Nela de Salgueiros, que poñerán o ritmo e a festa durante toda a xornada.
Publicidade
O alcalde de Cruces, Luís Taboada, asegura que esta xuntanza do Galo de Curral de Nadal é un momento ideal para compartir cos seres queridos, coas amizades e a veciñanza, “unha das nosas feiras máis queridas nas que se xuntan gastronomía, tradición, música e boa ambiente na nosa Praza do Concello”.








Comentarios