Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces celebrará o vindeiro martes, 4 de febreiro, a XXXII Festa Gastronómica do Chourizo. Haberá unha degustación gratuíta na Praza do Concello (Praza Juan Carlos I) a partir das 12:00 horas, con chourizos das carnicerías locais, pan, auga e viño.
Publicidade
O Concello agarda que o tempo acompañe, xa que hai unha boa previsión meteoroloxía, cunha xornada soleada e fría para que os veciños e veciñas enchan a praza do concello e gocen da xornada.
Comments