top of page

Vila de Cruces adquire dous novos vehículos para protección ambiental grazas á Xunta

O Concello recibiu unha achega de máis de 42.000 euros

Laura Moure/Vila de Cruces

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou onte o concello de Vila de Cruces, que adquiriu dous novos vehículo para a protección ambiental grazas á liña non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental (FCA). O Concello contou cunha achega de máis de de 42.000 euros que permitiu a adquisición destes furgóns que substituirán ao antigo vehículo que, con máis de 30 anos, non se adecuaba aos estándares de sostibilidade que a Xunta intenta fomentar en todo o territorio galego.

Estes novos furgóns permitirá realizar as tarefas de coidado do medio, limpeza de pistas e de zonas próximas a ríos de forma máis sinxela, rápida, e sustentable. Cabe destacar que, dende o ano 2009, o Concello de Vila de Cruces recibiu preto de 900.000 euros como parte dos Fondos de Compensación Ambiental da Xunta.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Neste sentido, Reguera destacou o compromiso da Xunta “co coidado do medio ambiente e a aposta, a través destes fondos, por conseguir uns concellos máis sostibles que coiden do noso patrimonio natural”.


A liña non competitiva do FCA alcanzou a 15 concellos da área territorial de Pontevedra e

contou cun orzamento de 478.000 euros.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

FCA

O FCA foi creado para distribuír o canon eólico en beneficio da conservación e restauración da contorna, así como do reequilibrio territorial. As accións subvencionables inclúen os investimentos e custos de funcionamento dos servizos municipais dedicados á

protección do medio.


Entre os obxectivos que deben perseguir figuran a conservación da biodiversidade, o fomento do coñecemento e da utilización recreativa e didáctica dos recursos naturais, e a

recuperación do medio natural degradado ou contaminado. Tamén deben impulsar a eficiencia e o uso sustentable das enerxías renovables, e, en xeral a protección do medio natural.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page